O pasado martes 7 de marzo os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria chegamos moi contentos ao cole xa que tiñamos programada unha saída ben cedo para disfrutrar do concerto "Paxaro amigo" de Mamá Cabra no teatro Afundación.
Todos xuntos disfrutamos moitísimo da función, tanto da posta en escea coma da música, pero sen dúbida o que máis nos gustou foi a preciosa historia sobre Paz e convivencia coa que voltamos a reflexionar algunhas cousiñas que as veces esquecemos.
Aqui tendes as fotos aínda que non se aprecian moi ben pois como ben sabemos nos teatros non está permitido tomar fotos con flash para non molestar aos actores nin aos demáis espectadores.
Estas saídas sempre son un acontecemento único para os rapaces. Que nerviosiños van! ^_^
ResponderEliminar