Rematamos facendo unha manualidade na biblioteca que nos recordase a mensaxe que nos transmitiron.
sábado, 11 de marzo de 2017
FONDOS MARIÑOS
Este xoves, 9 de marzo, os nenos e nenas de 1º e 2º recibimos na escola a visita dunha doctora e o seu axudante procedentes da Universidade de Vigo que viñeron falarnos dos residuos plásticos no mar e o seu impacto sobre a vida de todos nós. Presentáronnos algúns dos peixes e microorganismos que alí viven e os perigos aos que se enfrontan polo lixo que afoga os nosos mares e do que somos responsables todos. Importante a reflexión que debemos facer sobre o impacto que as nosas accións teñen na natureza...
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Unha magoa que unha actividade tan orixinal e constructiva coincidise co día da folga do ensino que moitos apoiamos e que supuxo que moitos nenos quedasen fora da súa participación :-( Outra vez será...
ResponderEliminar