O mércores 15 de marzo, os alumn@s de 5º e 6º participaron no programa do Concello "Vigohistoria" A Reconquista.
Ao longo de dúas horas, os rapaces descubriron os lugares onde se libraron as principais revoltas, tralo levantamento popular, contra o exército de Napoleón en 1809.
O Castelo de San Sebastián, Porta do Sol e rúa Gamboa, foron algúns dos rincóns que visitamos. Un dos momentos máis interesantes da saída foi no interior do Casco Vello, onde nos esperaba un soldado francés que fuxía das milicias olívicas.
A verdade que foi unha saída chea de información, onde aprendimos como era o Vigo de 1809, xunto cunha proxección dun documental, resumo dos momentos máis importantes da batalla olívica.
Regresamos ao colexio cun diploma que acreditaba a superación da aventura.
Ningún comentario:
Publicar un comentario