mércores, 7 de maio de 2014

Traballo de primavera na horta

Como xa chegou a primavera e parece que deixou de chover un pouquiño, os nenos e nenas de 1º decidimos traballar na horta, preparando a terra para sementar as nosas pebidas de cabaza. Primeiro aireamos a terra, tiña algúns grumos e estaba algo húmida, pero aplicámonos moito no noso traballo. Así que ao día seguinte voltamos e fixemos pequenos buratiños, onde botamos as sementes que tapamos con máis terra para rematar.
Agora a coidalas, regando de cando en vez e esperando a que a natureza faga o resto.

2 comentarios:

  1. A verdade é que a Natureza ás veces parece pura 'Maxia' ¡A ver se teñen sorte e crecen moito esas cabazas!

    ResponderEliminar
  2. Esperemos que ás cabazas lles guste a auga, porque xa levamos unha pouca demáis, e despois de tanto empeño en plantalas...
    Bo proxecto para aprender da natureza!

    ResponderEliminar