xoves, 1 de maio de 2014

DIA DO LIBRO: LECTURAS COMPARTIDAS TAMÉN EN GALEGO

Por primeira vez este curso sumámonos a unha iniciativa que xa se leva facendo noutros coles dende hai varios anos. Nos días anteriores a esta cita tocou escoller libros axeitados para os nenos e nenas que nos ían escoitar e presentarse a eles nas diferentes aulas dos pequenos do cole.  Na lista de lecturas escollidas, que ao final gustaron moito a todos, tiñamos lecturas e castelán e tamén en galego.
A responsabilidade de apadriñar tocoulle os cursos de 2º a 6º de Primaria. Todos preparáronse prestando moita atención a tódolos detalles. Os afillados e afillados agardaron entusiasmados, mesmo os mais pequeniños. Chegado o día os padriños e as madriñas espalláronse por todos os rincóns cos seus afillados e afilladas convertendo o Colexio nun espazo de fantasía e de maxia  onde  padriños e madriñas fixeron de estupendos contacontos mentres que os seus afillados e  afilladas prestaban a máxima atención.
O Colexio encheuse de moreas de historias, sorrisos, murmurios, miradas,............pero as imaxes falan por si soas.




1 comentario:

  1. Totalmente de acordo: as imaxes falan por sí soas. ¡Quédasevos pequeno o cole para tanto lector! ¡Unha iniciativa estupenda para o Día do Libro!

    ResponderEliminar