xoves, 31 de maio de 2012

SAÍDA DO 3º CICLO DE PRIMARIA AOS HUMIDAIS DE MUÍÑOS


Unha das zonas húmidas mais representativas do municipio de Vigo é a de Muíños, xunto coas da Bouza e Barreiros, que están en terreos públicos e foron obxecto de traballos de recuperación nos últimos anos.
O 15 de maio tivemos unha saída polos humidais de Muíños (en Comesaña) entre o campo de fútbol de Sto André e o paseo lineal do Lagares.




 Sabedes que é unha ZONA HÚMIDA?
É unha terra húmida pola achega, permanente ou temporal, de auga doce, salobre ou salgada de orixe natural ou artificial. Marismas, encoros e turbeiras son zonas húmidas.
A FLORA, que é a vexetación máis representativa, está formada por salgueiros, amieiros, hedras, lirios amarelos, xuncos, espadanas, buños, feos e fentos.



A FAUNA é moi variada. Nesta zona húmida poden verse 7 especies de anfibios e 5 de réptiles. Entre as aves acuáticas, destacan o lavanco real, a garza real e a pita de auga, que conviven con especies silvestres e cosmopolitas. A pintafontes verde habita neste humedal e o picaxuncos común tamén pode verse por Muíños.



Despois fixemos un xogo moi divertido para repasar o aprendido sobre a flora e a fauna desta zona húmida.


Ao final acompañounos Jose o monitor que foi connosco, de volta ata o colexio. Alí despedímonos cara unha próxima aventura, coñecendo un pouco máis o noso patrimonio natural do Concello de Vigo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario