O día 30 de xaneiro é o día escolar da paz e da non-violencia. Nun 30 de xaneiro morreu Gandhi, lider espiritual da India.
Nós no día da paz queremos recordar que todos somos iguais e que é o noso dereito e o noso deber convivir en paz. Nós somos como pequenas árbores. Formamos parte dun gran bosque: a comunidade educativa e a sociedade. Queremos que nas nosas árbores faga o seu niño a pomba da paz e nos traia unha convivencia en calma . Aínda que ás veces teñamos problemas debemos aprender a resolvelos falando, sen discusións.
No día de hoxe recordaremos a distintas persoas que contribuiron á paz mundial.
Diremos que significa a paz para nós.
E tamén plantaremos a nosa propia paz representada nas sementes destas catro árbores: oliveira, carballo, piñeiro e a ciroleira que representan á súa vez a paz, a liberdade e a amizade.
Aquí vos deixamos o noso DÍA DA PAZ.