luns, 31 de xaneiro de 2011

DÍA DA PAZ


O día 30 de xaneiro é o día escolar da paz e da non-violencia.  Nun 30 de xaneiro morreu Gandhi, lider espiritual da India. 


            Nós no día da paz queremos recordar que todos somos iguais e que é o noso dereito e o noso deber convivir en paz.   Nós somos como pequenas árbores.  Formamos  parte dun gran bosque:  a comunidade educativa e a sociedade.  Queremos que nas nosas árbores faga o seu niño a pomba da paz e nos traia unha convivencia en calma .  Aínda que ás veces teñamos problemas debemos aprender a resolvelos falando, sen discusións.

            No día de hoxe recordaremos a distintas persoas que contribuiron á paz  mundial.
            Diremos que significa a paz para nós.
            E tamén plantaremos a nosa propia paz representada nas sementes destas catro árbores:  oliveira, carballo, piñeiro e a ciroleira que representan á súa vez a paz, a liberdade e a amizade.



            Aquí vos deixamos o noso  DÍA DA PAZ.


Ningún comentario:

Publicar un comentario