O pasado 5 de outubro celebrouse no noso centro educativo unha charla do programa “Máis que un teito”, promovido polo Plan Local sobre Drogodependencias e Outras Adiccións do Concello de Vigo.
Esta iniciativa ten como obxectivo destacar o
importante papel da familia na educación e no desenvolvemento dos nenos e
nenas, así como ofrecer ferramentas para mellorar a comunicación, establecer
normas e límites e favorecer a prevención de condutas de risco.
Moitas grazas a todas as familias pola súa participación e interese!

Ningún comentario:
Publicar un comentario