Hoxe tivemos unha visita moi especial, xa que varias xogadoras do equipo de baloncesto do Celta viñeron compartir unha xornada con nós, o alumnado de 3º e 4º de primaria.
Contáronnos como é o seu día a día como deportistas, ensináronnos algúns trucos e habilidades co balón e mesmo tivemos a oportunidade de xogar con elas.
Foi unha experiencia moi divertida e motivadora, que nos animou a practicar máis deporte e a traballar en equipo.
Trouxeron algún agasallo con elas que sortearon entre todos nós. Aquí podedes ver ás afortunadas gañadoras do sorteo coas 3 xogadoras que nos visitaron!
Sen dúbida, foi un día que non imos esquecer!
Ningún comentario:
Publicar un comentario