Hoxe os alumnos de 1º e 2º de primaria puideron desfrutar do espectáculo de monicreques “A galiña azul” no teatro Afundación. A obra inspirada no clásico conto do escritor galego Carlos Casares, fixo que os nenos e nenas fosen espectadores activos, interactuando e participando ao longo de toda a obra. Ademais de pasalo xenial, aprenderon e lembraron a importancia da conviencia, a aceptación e o agarimo polo que é diferente de nós, é dicir, da diversidade do mundo que nos rodea.
mércores, 26 de novembro de 2025
Saída ao teatro Afundación con 1º e 2º de primaria
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)









Ningún comentario:
Publicar un comentario