Este pasado venres, no comezo do entroido, gozamos da festa disfrazándonos dos distintos fenómenos meteorolóxicos que escollemos para o traballo do noso PDI. Infantil luciu un colorido arco da vella; 1º de primaria, agasallounos cun luminoso sol; 2º de primaria, disfrazouse de treboada, ateigadiña de lóstregos; 3º de primaria vestiuse de vento, sen esquecer muiños e papaventos; 4º de primaria foi de chuvia, coas súas enormes pingas; os de 5º de primaria, sufriron un pequeno tornado; os de 6º de primaria, invitáronnos a viaxar no autobús da aurora polar. Todos xuntos, fixemos un marabilloso desfile, indo ata o torreiro lucindo os nosos disfraces, ben acompañados coas familias. Alí escoitamos as coplas e o testamento do noso Meco Meteocamilo e fixemos unha chea de fotos. Moitas grazas ás familias que axudaron a decorar, que nos puxeron música para o baile e por suposto a todos aqueles que participastes na festa con nós. Que ben o pasamos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario