mércores, 5 de marzo de 2025

Biblioteca Juan Compañel con 1º e 2º primaria

O alumnado de 1º ciclo, na súa visita ao Casco Vello de Vigo, coñeceu as posibilidades que ofrece a Biblioteca Juan Compañel, para os nenos e nenas.

Durante a visita, o noso alumnado visualizou un vídeo explicativo da historia, funcionamento e recursos da biblioteca, interecalándose con animacións de Peppa Pig e Caillou que tan atentos mantén ao público infantil.

Pasaron polo espazo de exposición e consulta de libros curiosos, mentres xogaban á Búsqueda do tesouro, que lles deu paso a abrir a porta dunha sala fantástica, onde puideron desfrutar de moitos contos infantiles de diversa temática, formas e tamaños.  





























Ningún comentario:

Publicar un comentario