luns, 6 de maio de 2024

COMEZAMOS O TRABALLO DE LETRAS GALEGAS

 Instalados xa no mes de maio damos comezo a primeira das actividades programadas para darlle un pulo ao galego. As palabras de Luísa Villalta, estupenda escritora e falante activa da nosa lingua, son un pouquiño difíciles. Daquela vainos agasallar día a día durante este mes con verbas máis aqueladas ás nosas vivencias e experiencias. O noso PDI vaille dar moitas ideas!. Nós imos ir xuntándoas e aprendéndoas e de certo que nos servirán como punto de apoio de moitas máis aprendizaxes que xa estamos tendo na aula. A primeira verba foi doada para moitos de nós, pescudadores incansables de bichiños. A ver que nos trae mañá!







Ningún comentario:

Publicar un comentario