xoves, 22 de xuño de 2023

RECOLLEMOS A COLLEITA DO CALDIÑO DE GLORIA

 Despois de coidar da nosa horta todos estes meses e pelexar contra a humidade e os caracois fomos  recolle-la colleita antes de marchar de vacacións. Isto foi o que atopamos:

-As futuras fabas están moi fermosas pero non as podemos coller; están agromando as flores aínda. 

-As berzas ecolóxicamente serven de comidiña a moitos competidores que cruzan a nosa horta, e alí quedaron. As acelgas seica tamén lles gustaron moito aos bichiños

-Patacas puidemos recoller un mundo! Sachar e lavar e... ó cesto. E coas nosas cestas de patacas fomos repartindo para que cadaquen levara a súa ración. Daquela, polo de agora, o noso "caldo de gloria" para Rosalía farémolo de patacas. Mentres agardamos que saian as fabas podedes probar a crear outras receitas nas que as pataquiñas que apañamos saiban "a groria".

Ademais tamén había tomatiños e amorodos. Que boa ensalada e que boa sobremesa!




























Ningún comentario:

Publicar un comentario