domingo, 25 de xuño de 2023

PÉTALA: ROBOT E INCLUSIÓN

Antes de rematar o traballo do curso,  volvemos co conto Pétala, protagonista do Día do medio ambiente. Xa léramos na radio este conto no programa adicado a auga no planeta. Desta volta  serviunos para traballar co taboleiro robótico e os pictogramas. Puxémonos a facer a cuadrícula procurando que obxectos da clase nos chegarían para facer ben as raias, recortamos e pegamos e listo... xa puidemos xogar.  Pasámolo moi ben e deixamos o taboleiro listo para os nosos compañeiros. E non esquezades facer fuxir o dragón que no trae a seca. Coidade ben do noso planeta!


















Ningún comentario:

Publicar un comentario