O pasado 24 de febreiro o alumnado de 4º fixo a súa primeira saída tras moito tempo agardando e, por iso, que mellor opción que elexir esta actividade chamada:
“Plástico en tempos de mascarilla”.
En Naturnova poideron comprobar o gran desastre que fai o plástico na nosa contorna, máis especialmente en mares e océanos, afectando aos fondos mariños e a todos os animais que habitan neles.
Moitos plásticos de uso recente, coma material médico directamente relacionado co Covid e mascarillas, non se poden reciclar xa que están contaminados polo virus, así que estamos nun momento de gran expansión de plásticos sen control, e consumindo microplásticos que afectan ao noso organismo.
A clase viaxou nun submarino e con gafas 3D, puideron coñecer, virtualmente, os fondos mariños da Ría de Vigo, e descubrir os elementos máis recollidos dos mesmos.
Quedounos moi claro, a importancia da tres “R”: reducir, reciclar e reutilizar, asi que…
Animádevos a respectalas tamén!
Ningún comentario:
Publicar un comentario