Os mouchiños na súa carta ás familias pedíannos que colaborasemos no mantemento da tradición dos Maios facendo o noso na casa. Aínda que o día típico coincide co 1º domingo de Maio nós podemos facelo durante este mes. Non esquezades enviarnos a foto para que desfrutemos convosco!
A familia de Xián e Noa, de 2º de primaria e 4 anos, é a primeira en participar na actividade dos Maios. Tamén fixeron os tradicionais colares de pampillos e xa vedes que ben o pasaron!
Fenomenal traballo. Parabéns!
Ningún comentario:
Publicar un comentario