luns, 17 de febreiro de 2020

COIDANDO O MEDIO AMBIENTE CON DINOSETO E DINOSETIÑO


Un ano máis o noso cole participou nunha iniciativa do Concello de Vigo para educar aos nenos na responsabilidade do coidado e a limpeza da nosa cidade dun xeito didáctico e lúdico. Con esta campaña inténtase que os nenos tomen conciencia da importancia de reducir os residuos, así como da reutilización e a reciclaxe dos mesmos para a conservación e protección do medio ambiente. Calquera acción que poidamos realizar, por pequena que sexa, é vital para axudar ao noso planeta...

1 comentario:

  1. Tódalas charlas son poucas! Por desgraza, non se pode parar de formar e formar sobre este tema. Boa iniciativa!

    ResponderEliminar