Un goce foi desfrutar, nesta mañá de mércores, a piques de rematar a nosa andaina, do bó facer do grupo Migallas. Diversión en galego e aprendendo con eles moitas cousiñas que forman parte do noso patrimonio e non se poden perder.
Tamén un pouquiño de autocrítica neste século tan tecnolóxico, no que manter os valores tradicionais (moitos deles) e as boas relacións entre nós, é tan importante.
Pero o mellor foi estarmos xuntos cantando cancións que forman parte do noso universo musical, en especial dos máis pequenos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario