Todos iguais, todos diferentes foi o lema que nesta celebración do Día da Paz temos escollido para traballar nas aulas. Elmer, o noso elefante "clasico" foi o personaxe que nos acompañou e nos axudou a reflexionar neste importante tema. Canda el adentrámonos no mundo das diferencias, do seu activo para a convivencia rica e multicultural, e canda el achegámonos tamén ao mundo da diversidade lingüistica. Esta riqueza, que temos o noso caron - e moitas veces non apreciamos-, reflectiuse no mural que tódalas aulas axudamos a compoñer. 10 Elmers diferentes, portadores de palabras diferentes en 10 linguas diferentes; pero iguais no seu valor e no seu significado.
Tódalas aulas desfrutamos da lectura en papel e dixital do conto Elmer. Nunha posta en común tiramos desta lectura unha listaxe de palabras que nos falaban de paz, igualdade e diversidade. As palabras que coincidiron nas distintas aulas foron as que traducimos a unha lingua escollida por cada quen (as motivacións foron diversas, tamén) e colocamos nos nosos elefantes.
O noso mural formaba uns camiños de ida e volta que nos falaban da necesaria confluencia de todos, sen deixar de lado tampouco a nosa idiosincrasia. A Paz e a celebración do Ano internacional das linguas indíxenas, foron este curso da man.
Velaiquí algunhas fotos da actividade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario