martes, 29 de maio de 2018

"OBRADOIRO PARA ELABORAR PIZZA" (1º Primaria)


O día 28 de maio viñeron ao Cole Trini a “mamá” de Lucía e Laura (a tía).

Laura é encargada nunha pizzería, contounos en que consiste o seu traballo e amosounos como se fai unha pizza. Ensinounos a estira-la masa, como temos que poñerlle os ingredientes… e despois comemos unhas que nos trouxeron, estaban ricas, ricas!

Agora os cativos xa non teñen escusas para non axudarvos na cociña, xa poden facer pizzas e “croissants”.
Ademais de agasallarnos coas pizzas, trouxéronnos uns globos e uns diplomas que os acreditan como "superpizzeiros".
Moitas grazas por colaborar con esta actividade!








Ningún comentario:

Publicar un comentario