O avó (Juan) e Iñigo, o “papá” de Claudia, asistiron ao
Colexio o día 21 de maio.
Juan foi coronel da Armada, navegou no buque escola Juan Sebastián
Elcano e deu a volta ao mundo en
barco.Con el aprendemos as partes dun barco na maqueta que nos trouxo e unha chea de vocabulario novo como os nomes dos mastros (trinquete, maior, mesana).
Amosounos ademais
como facer nós mariñeiros con cabos, coma o nó cadrado.
Moitas grazas por compartir connosco as súas experiencias
e ampliar os nosos coñecementos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario