O día 21 de maio viñeron ao Cole a “mamá” e o “papá” de Xiana (Rosa e Moncho) e mais un amigo (Juan) para darnos un concerto. Tocaron a batería, a guitarra eléctrica e cantaron versións de cancións como a de Andrés do Barro, O tren que me leva pola beira do Miño, coa que os cativos bailaron moitísimo.
Os nenos e nenas bautizaron o grupo como As quenllas rockeiras.
Moitas grazas por esta actividade que lles ensinou a desfrutar e a pasar un bo anaquiño a través da música!
Ningún comentario:
Publicar un comentario