O xoves, 16 de novembro, os nenos e nenas de 3º e 4º do cole
fixemos unha saída para ir ao teatro e ver a obra “Rubicundo”. A verdade é que
xa tiñamos gana de que chegara o día posto que levabamos unhas semanas lendo o
libro no que está inspirado a obra e non nos chegaba a hora de desentrañar o
misterio deste personaxe tan estraño e especial. A posta en escena, o
traballo dos actores, a música… fixo dese día algo moi especial para todos nós.
Un pracer e un privilexio poder asistir a espectáculos coma este.
Ningún comentario:
Publicar un comentario