Hoxe os nenos e nenas de segundo de primaria fomos a visitar o supermercado GADIS da rúa Rosalía de Castro, na nosa cidade.
Ao chegar recibiunos Paula, a nosa monitora, que nos amosou a pirámide dos alimentos e de estilos de vida saudable. Vimos que ten as mesmas cores do semáforo e que serve tanto para clasificar os alimentos segundo a súa frecuencia de consumo como as actividades que debemos facer para ter unha boa saúde. Na base da pirámide atópanse os alimentos máis saudables e que debemos tomar a diario como o leite e os lácteos, verduras, froitas, pan, cereais, arroz, patacas, pasta e auga. No seguinte escalón aparecen os alimentos que debemos tomar varias veces á semana coma os peixes, as carnes magras, os ovos, os legumes e os froitos secos. Por último, na parte máis alta están os alimentos de consumo ocasional como a margarina, os doces, bolería, lambetadas, refrescos...
Despois de coñecer ben a pirámide fomos visitar as distintas seccións do súper para coñecer ben os alimentos que podemos atopar en cada unha delas: froitería, carnicería, lácteos, etc e vimos os traballos que ali desempeñan os empregados do super, como o da nai do noso compañeiro Rubén e que nos recibiron con moita amabilidade. Para rematar a visita, agasalláronnos cunha mochiliña cuns alimentos e unhas fichas que traballamos logo na clase coa profe como actividade final de todo o aprendido hoxe.
Q bueno q vean lo q es hacer una compre sana, gracias por vuestro trabajo
ResponderEliminar