domingo, 15 de febreiro de 2015

SEMANA DA TROULA

O luns 9 de febreiro iniciouse a Semana da Troula coa "entronización" do noso meco. Como este curso traballamos arredor da luz a cousa estaba cantada. Lucerín foi a mascota elixida. E... quen é Lucerín? Un fermoso bebé- bombilla de baixo consumo que simboliza que a loita por conseguir un mundo mais sostible -tamén no eido da luz e a electricidade- ainda está en cueiros e que todos temos o deber de coidar esas pequenas iniciativas que vaian axudando a mellorar a calidade de vida no planeta. 
O primeiro que fixo Lucerín foi deixar claros os mandados para a semana e abofé que todos os nenos e nenas do cole cumpriron ben os seus desexos...





FOTOS  DA TROULA (XOGOS DE LUZ)

1 comentario:

  1. Como cada ano, unha Semana da Troula sorprendente da que desfrutan os nenos e os maiores ;-)

    ResponderEliminar