venres, 1 de novembro de 2013

BISCOITO DE CABAZA

Os nenos e nenas de 1º andamos a voltas con iso das cabazas. Despois de velas na horta picounos a curiosidade e decidimos aprender máis cousas sobre elas. Trouxemos moitas a clase e decorámolas para o Samaín; pero no medio desta festa descubrimos unha receita de biscoito de cabaza... Puxémonos mans á obra e xunto cos nosos compañeiros de 4 anos convertímonos en cociñeiros por un día. Vaia traballo, non era tan doado como parecía...! Aprender a pesar, bater, barutar, mesturar...
O resultado foi moi doce e encantounos...

1 comentario:

  1. ¡Uns cociñeiros de primeira! O biscoito estaba riquísimo. ¡Felicidades!

    ResponderEliminar