Este é o título dun libro presentado este fin de semana no Centro Cultural Nautilius, o centro cultural de Santo André de Comesaña. Os autores do libro son: Suso Cubeiro, coñecido ilustrador, e Ana Prado, xornalista e editora ademais de veciña da nosa parroquia.
Comprácenos moito que a presentadora do acto, á petición de Suso Cubeiro, fora a nosa Compañeira, Mestra e Xefa de Estudos Gladys. Fixo un amplo recorrido pola traxectoria profesional de ámbolos dous autores do libro. Foi un pracer escoitalos aos tres. Moitas grazas a eles pola bonita e instrutiva tarde de sábado que pasamos.
Foi unha pena non estar para poder velo, esperemos que haxa unha próxima vez para, esta vez estar presente!
ResponderEliminar