domingo, 16 de decembro de 2012

A COSTUREIRA DAS ÁNIMAS

    Este é o título dun libro presentado este fin de semana no Centro Cultural Nautilius, o centro cultural de Santo André de Comesaña.  Os autores do libro son:  Suso Cubeiro, coñecido ilustrador, e Ana Prado, xornalista e editora ademais de veciña da nosa parroquia.

 

    Comprácenos moito que a presentadora do acto, á petición de Suso Cubeiro, fora a nosa Compañeira, Mestra e Xefa de Estudos Gladys.  Fixo un amplo recorrido pola traxectoria profesional de ámbolos dous autores do libro.  Foi un pracer escoitalos aos tres.  Moitas grazas a eles pola bonita e instrutiva tarde de sábado que pasamos.


 
 
 
 
 
 

1 comentario:

  1. Foi unha pena non estar para poder velo, esperemos que haxa unha próxima vez para, esta vez estar presente!

    ResponderEliminar