xoves, 12 de abril de 2012

VISITA DE GONZALO MOURE

Por fin veu¡¡ Esta semana visitounos Gonzalo Moure, o autor de "Palabras de Caramelo", libro que lemos todos os alumnos do terceiro ciclo. O libro está basado nunha vivencia persoal do autor cunha nena "saharaüi", aínda que o protagonista do libro é  un neno sordomudo, Cori, que mantén unha relación moi especial co seu camelo, co que se comunica sen ningún problema.  Moi amablemente contestou a todas as nosas preguntas, contounos historias abraiantes e deunos algún consello para poder escribir tan ben coma el.


Ningún comentario:

Publicar un comentario