luns, 2 de abril de 2012

VISITA ÁS CÍES



O 21 de Marzo os alumnnos do 3º Ciclo fumos ás Illas Cíes de excursión. Foi divertidísimo. Dous días antes viñeron dous monitores ao centro a explicarnos cunha serie de xogos o que iamos facer durante a visita: características do parque, flora e fauna, normas a seguir...  




A viaxe en barco foi moi entretida, fumos vendo a paisaxe e, afortunadamente, ninguén se mareou.

















Os monitores plantexaron unha ruta pola illa chea de actividades, probas de búsqueda, de orientación, exploración, preguntas... coas que aprendemos moitas cousas acerca da flora e da fauna das Cíes. 











































A media mañá asomámonos aos cantís a ver a paisaxe, os niños das gaivotas patiamarelas e a sentarnos na cadeira da raíña.




























Unha vez que nos despedimos dos monitores aproveitamos para comer baixo unhas árbores e xogar na praia ata fartar.




























Unha vez chegou o barco a porto tivemos que volver e... deixáronnos ir arriba!! A ver se volvemos pronto!!








Ningún comentario:

Publicar un comentario