luns, 12 de decembro de 2011

CONTAMOS MOITO: A VACA QUE PUXO UN OVO


O pasado venres día 2 na biblioteca os nenos e nenas de infantil tivemos unha nova sesión do noso proxecto "Contamos Moito" cunha contacontos excepcional… a profe Malena, quen foi dándonos conta das idas e vidas que tiñan lugar na granxa onde vive Marjorie e da súa extraordinaria historia. Ademais contamos coa compaña dos maiores de 1º de Primaria; cousa que nos fixo moita ilusión por volver estar ao lado dos nosos vellos compañeiros. Deste xeito, aproveitamos a coordinar a nosa aprendizaxe cos máis maiores compartindo lecturas e experiencias.












Durante todo este mes, seguiremos a escoitar o conto da man das profes nas nosas aulas e tamén no formato dixital que nos prepararon   e traballaremos a historia e o vocabulario co  material jclic que tamén fixeron elas.
Nos días vindeiros veredes os murais que entre todos estamos preparando nos corredores da escola e outros traballiños que pouquiño a pouco iremos facendo.


E... ¡ xa estamos a esperar con moita ilusión polo  contacontos deste mes de Nadal, que sabemos vai ser moi especial.!



Ningún comentario:

Publicar un comentario