luns, 28 de novembro de 2011

OS SENTIDOS E O MUSEO DO MAR

    O día 22 de novembro os nenos e as nenas de 1º e 2º  baixamos do autobús cos nosos sentidos postos nesta saída.  Estabamos diante do Museo do Mar e o mar entraba en todos nos.

    Á nosa vista estaban as ondas batendo nas rochas, chegabamos ata as illas Cíes navegando entre faros coa nosa mirada. As ondas viñan dende Cangas e volvían. 



     Probamos o seu sabor a sal tan distinto do doce azucre.  Chegounos o seu arrecendo salgado de peixe e de algas.  Tivemos nas nosas mans a súa fina area, a suavidade húmida das algas, as súa conchas desgastadas e golpeadas polo mar contra as rochas. 







   Todo isto escoitámolo con moita atención ao mesmo tempo que faciamos unha viaxe polas profundidades mariñas atopándonos cos seus habitantes.


  Atopámolo mar cos nosos cinco sentidos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario