sábado, 19 de novembro de 2011

VICENTIÑO E AS ÁRBORES DA PAZ


Un ano mais os nenos e nenas de infantil comezaron a súa particular andaina no eido da animación lectora co proxecto "Contamos moito". O pasado mes de outubro foi O BARDO ABELARDO O encargado de contar e cantar unha e mil historias ós cativos, quen como se mira nas fotos disfrutaron a eito.
"Vicentiño" non é un conto. Son moitos contos en un. Coñecimos a historia dun paxaro que descobre que nas pólas das árbores aniña a palabra PAZ; tamén a historia dun carballo que nace na bota dun soldado; co trasno do lixo aprendimos que non é bo para os nosos bosques ir deixando o lixo atrás ...
O bardo deixounos unha  mensaxe moi clara que teremos que seguir traballando ao longo de todo o curso ... a nosa relación  coa natureza é un compoñente importante da harmonía da nosa vida e polo tanto da PAZ.






























Ningún comentario:

Publicar un comentario