martes, 7 de xuño de 2011

VISITA DE SUSO CUBEIRO

 O 6 de xuño deste curso  tivemos  no noso cole a un ilustrador coruñés que ademais é tio dunha das nosas alumnas de 2º curso de Primaria Iria Quiroga Prado.


Na súa traxectoria profesional ilustrou máis de 50 obras, entre as que destacan “ El secreto del bosque viejo”,  “ El espíritu del bosque” o  “ Larita”.

Está considerado como  un ilustrador da natureza  e de libros infantís e xuvenís. Durante a hora e media que nos acompañou explicou como é o proceso de facer un libro, dende a idea inicial ata o seu paso pola imprenta. Como pode utilizar soamente  catro cores nos debuxos  e como é a escala na que pode debuxar antes de ser editados.


Deulle os nen@s unhas primeiras nocións para debuxar sentimentos na face humana e como saían animais duns simples circuliños ou raias. Os rapaces intentaron facer gatos, mouchos, cabalos, baleas e ata un dinosaurio.




Nunha carpeta xigante traía varios orixinais para comparalos co libro que logo se vende nas librerías.  Despois de contestar a todas as dúbidas que lle plantexaron  sobre o seu traballo de ilustrador, colleu unha  fotografía do escritor homenaxeado das Letras Galegas “ Lois Pereiro” e fixo en pouco tempo unha  acuarela espectacular que nos adicou para todo o colexio.









Ningún comentario:

Publicar un comentario