mércores, 1 de xuño de 2011

FESTIVAL FIN DE CURSO

   O día 27 de maio celebramos o noso festival de fin de curso 2010-2011.  Tivo dúas partes:  na primeira os alumnos de 5º e 6º  fixeron dúas representacións de teatro( sombras chinas e teatro negro) e despois pasamos ao ximnasio onde continuamos co resto do festival.  Grazas aos pais, nais, avós e avoas por acompañarnos neste día.  Os alumnos e as alumnas de 6º aproveitaron esta ocasión para despedirse do colexio xa que pasan a unha nova etapa no instituto.

   O teatro de sombras chinas trataba dunha bruxa moi, moi malvada.  É posible que non sexa tan malvada:
 “ A bruxa do dente”










¿Quen de nós cando era pequeno non esperou con moitas ganas a chegada dos reis magos?  Todos nos metemos na cama,  moi cediño para espertar cunha morea de agasallos.  O noso protagonista do teatro negro tivo un grave problema
“Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de reis”







Aquí chega o gran descubrimento deste curso(infantil de 3 anos):
“Eu son artista”






Os rapaces de 4 anos teñen unha vea máis científica.  Imos ver como vai a súa investigación:
“A que sabe a lúa”




  E aquí chegan os que mellor se moven:  igual que os peixes do mar…
“Nadando sen parar”



   Tamén nos demostran todo o seu coñecemento do corpo humán en inglés:


“Head and shoulders, knees and toes”

Está claro que estes rapaces de 1º aínda cren na maxía e nas cousas que parecen imposibles como sucede neste pequeno teatro:
“Os fabóns máxicos”




 ¡Que contentas se van poñer as nais dos nenos de 5!  Rematan infantil e xa saben cociñar.  Que aproveite a pizza:
“I like pizza”

E agora chegan os de 3º.  Unha boa demostración de ximnasia:

“Actuación con picas”

Aquí chegan os oito coelliños de 2º para contarnos a súa vida:

“Milo o coello branco”


Os de 1º tamén saben o corpo humán en inglés e así o demostran:

“Hokey, cokey”

Agora tócalle os alumnos de 4º que nos traen estes exercicios con balóns.


Aos alumnos de 3º preocúpalles a amizade.  ¿Poderían vivir sen amigos?  Seguramente todo sería moito máis complicado.  O guión foi elaborado polos alumnos de 3º

“Las manos amigas”

Estamos dacordo cos de 2º.  ¡que ganas temos de vacacións, auga, praia, sol… e non facer nada:

“Holidays”

  Aquí chegan os alumnos máis veteranos para dar unha clase de baile:

“Baile contemporáneo”

Xa sabemos que os bailaríns de 2º e 1ºnon queren quedar atrás e nos traen unha:

“danza con globos”






 Cando celebramos o día da paz, esta foi a nosa canción que queremos compartir con vos:

“Imagine”

Xa para rematar, deixámosvos unha danza tradicional galega interpretada con varios instrumentos.






Moitas grazas pola vosa asistencia.  Esperamos que vos gustara este festival de despedida de curso e de despedida dos compañeiros de 6º.  Un saúdo para todos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario