domingo, 24 de abril de 2011
DÍA DO LIBRO
Aproveitando a visita de Fina Casalderrey e aproveitando tamén a lectura dos seus libros, inspirámonos e fixenos o noso marcapáxinas personal. Aquí deixamos a mostra.
ARTE NA AULA
Na semana do 11 ao 15 de abril tivemos a sorte de poder disfrutar dunha mostra de arte itinerante que chegou ao noso colexio (grazas á Concellería de Educación da Alcaldía de Vigo). Trátase dunha mostra de cadros de artistas galegos elaborados empegando distintas técnicas: esmalte, grabado, óleo acuarela,... Incluso había dúas esculturas. O artista Mingos Teixeira achegounos ás distintas obras de arte e ensinounos a diferenciar as técnicas empregadas. Para rematar puxo a proba a nosa imaxinación ao pedirnos un debuxo que tivera nin máis nin menos que... ¡unha vaca voando!
sábado, 9 de abril de 2011
HISTORIAS DE CARTÓN
Os nosos alumnos de 4º,5º e 6º asistiron na biblioteca do colexio a un obradoiro de plástica creativa de CONTARTE.
"Historia de cartón" lembrounos que a miseria, pobreza, inxustiza e marxinación son as condicións de vida ás que se enfrontan diariamente moitos nenos e nenas en todo o mundo.
"Historia de cartón" lembrounos que a miseria, pobreza, inxustiza e marxinación son as condicións de vida ás que se enfrontan diariamente moitos nenos e nenas en todo o mundo.
PAXARIÑOS DE LA E FOLLAS SECAS
Obradoiro de animación á lectura de CONTARTE á que asistiron os nosos alumnos de 1º,2º e 3º.
A nena da nosa historia ten unha caixiña chea de recordos e un bó día decide liberalos e deixalos polas rúas da cidade. Pola contra os nosos alumnos decoraron a súa caixa de recordos, que irá pasando polas tres aulas. Estamos seguros de que acabará chea de obxectos, palabras e pequenas cousas que cada un de nós irá deixando coa esperanza de que nos lembren un pouquiño máis.

CONCERTO DA E-TRAD
O día 5 de abril os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º asistiron na biblioteca do colexio a un concerto didáctico ofrecido por mestres da E-Trad ( Escola Municipal de Música Folk e Tradicional ).
O seu obxectivo é achegar a música tradicional aos alumnos. Tamén houbo tempo para a participación do alumnado e para probar os instrumentos tradicionais.
O seu obxectivo é achegar a música tradicional aos alumnos. Tamén houbo tempo para a participación do alumnado e para probar os instrumentos tradicionais.
FINA CASALDERREY
Foi o 31 de marzo. Os seus libros escapaban das nosas mans esperando as súas dedicatorias. E, de súpeto alí estaba coas súas palabras: palabras suaves, palabras sinxelas, sin berrar, acariñando. Pero tamén eran palabras decididas, palabras emotivas e tan fortes que conseguiron subir á profe Gladys nunha cadeira. Grazas pola túa visita.
luns, 4 de abril de 2011
PEPIÑA MARUXIÑA QUERE VOAR
O venres 25 chegaron ao noso cole uns nenos de dous anos. Querían coñecernos. Ademáis estiveron cos nosos alumnos de infantil vendo a obra de teatro "Pepiña Maruxiña quere voar". Esta obra de teatro está baseada nunha tradición popular. Maruxiña é unha xoaniña que non ten as. Vai pedindo axuda aos animais e á Raíña das flores para poder voar.
Gustáronnos moito o teatro e a compañía.
Gustáronnos moito o teatro e a compañía.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)