domingo, 17 de maio de 2015

Don Moucho Letras Galegas 2015

Hoxe, no día das Letras Galegas queremos facervos chegar o novo exemplar en formato dixital do xornal escolar Don Moucho. Esperemos que dende aqui o poidades ver a toda cor e cun chisquiño de mellor calidade agora que xa tendes nos vosos fogares a edición en papel. Nesta ocasión facemos a nosa pequena aportación literaria cun traballo monográfico arredor da luz xa que como ben sabedes este ano 2015 celébrase o Ano Internacional da luz e nós, os nenos e nenas de infantil e primaria levamos traballando a reo no noso Proxecto Documetal Integrado "As viaxes da luz". Agardamos que disfrutedes coa lectura compartida en familia desta edición e que coñezades deste xeito un pouquiño máis os nosos traballos. Don MouchoLetras Galegas2015

1 comentario:

  1. Parece incrible poder implicar a todo un alumnado nun único proxecto e poder darlle tantos puntos de vista . Noraboa!

    ResponderEliminar