Este
curso continuamos co “Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade
nos centros educativos e os seus entornos” no noso centro.
No día de hoxe, os alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria recibiron unha charla moi interesante incluída dentro da campaña “Controla a túa Rede” da Fundación MAFRE e Policía Nacional que busca axudar aos mozos e mozas a comprender como funcionan as redes sociais e as tecnoloxías da información e a comunicación, para que aprendan a utilizalas dunha forma segura e adecuada e sexan capaces de identificar e denunciar situacións perigosas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario