mércores, 21 de maio de 2025

Visita ao Castelo De Soutomaior

O alumnado de 1º e 2º pasou o día no Castelo de Soutomaior. Coñeceron como Pedro Madruga convertiu esta fortaleza no seu centro de operacións nas loitas de poder na Galicia dos Irmandiños, de fai cincocentos anos, ata convertirse nunha residencia de verano no século XIX.

Almorzaron nos seus formidables xardíns mentres disfrutaban da súa riqueza botánica con castaños centenarios e camelios, e incluso poideron seguir unha senda para coñecer os seus arredores. Seguro que o noso alumnado non esquecerá esta bonita visita, na que aproveitaron para compartir comida e xogos cos seus compañeiros.


Ningún comentario:

Publicar un comentario