mércores, 19 de xuño de 2024

MÁQUINAS EN 3º e VISITA ESPECIAL

 Xa no xornal Don Moucho víramos que os nenos e nenas de 3º estiveran traballando nunhas estupendas máquinas feitas con material reciclado. Fixeron todo o proceso necesario para chegar dende a idea ó produto final. Non podían rematar o curso sen expoñer as súas creacións ós compañeiros. Daquela a semana pasada recibimos en infantil unha invitación, con plano incluido para que non equivocasemos o camiño, para subir á súa aula. MARTES 18, ÁS 12´30. Non nos daban pasado os días! E por fin, chegou o momento.

Miramos, tocamos, miramos, tocamos, escoitamos as estupendas explicacións...Foi un intre da mañá no que o pasamos moi ben e aprendemos moito. Coñecemos as poleas, os guindastres, as bailarinas que daban voltas na súa caixiña de música, os comecocos, as catapultas,...e aprendemos tamén como flotan os barcos. Noraboa, rapaces! Sodes incribles!





















Ningún comentario:

Publicar un comentario