venres, 21 de xuño de 2024

GRADUACIÓN 23-24

 Aínda que non o pareza, 5 anos e 6º de primaria teñen moitas cousas en común. Os seus comezos no cole  foron da man da mesma profe e ao longo da primaria os pequenos compartirán a moitas das profes desa etapa. Non é raro que os maiores quixesen agasallalos coa súa caixa de lembranzas e fosen contando, nun marabilloso conto, moitas das experiencias e emocións que se levan do cole. Eles marchan ó instituto e aquí deixaron esta caixa de chuchameles, cheíña ata arriba de nove anos de felicidade.


Despois recibiron as súas orlas e foron eles mesmos quen  deron o paso á primaria ós nenos e nenas que comezan tamén unha nova etapa. Que mellor que os que marchan acompañen á primaria os que inician alí a súa andaina!!. 









Ningún comentario:

Publicar un comentario