Todos somos pequenos investigadores científicos. Algunha vez vos preguntades cousas como que é a tensión superficial?, por que cambia o PH natural con diferentes materiais ou o proceso para chegar a facer un tren magnético?.
Alumnos de quinto formulan preguntas e resolven problemas a través da ciencia. O fluído non newtoniano, a lámpada de lava, a auga que camiña, a pementa que marcha... así nolo contaron tamén no xornal Don Moucho.
Finalizaron o rexistro dos seus experimentos cunhas fichas onde se resumían os experimentos presentados na clase e onde todos poideron manipular e sentir sensacións coas investigacións dos compañeiros. Houbo opinións variadas e confirmáronse as hipóteses.
Ningún comentario:
Publicar un comentario