venres, 16 de xuño de 2023

PADRIÑOS LECTORES

 Pechamos a actividade na biblioteca, despois dun curso intenso de experiencias variadas, co tradicional padriños lectores. Un ano máis os padriños e madriñas recolleron ós seus afillados e afilladas e invadiron tódolos recunchiños do noso patio ben cargadiños con mil e un contos. Durante case unha hora leron e cambiaron contos cos compañeiros e encheron  dun marabilloso marmurio lector os lugares onde sempre xogan e corren. Hoxe foron incansables no debullar as historias dos contos, moitas xa coñecidas doutros tempos lectores. Lectores e escoitadores concentráronse en cada palabra escrita e intercambiaron pequenos agasallos feitos con moita ilusión e xogos lectores e dos de sempre. O ano vindeiro volveremos gozar destes intres que axudan a amar a  lectura e tamén a sentirnos parte da nosa comunidade.


Ningún comentario:

Publicar un comentario