Pasear, viaxar, visitar ós familiares e amigos e ó tempo poñer a mirada nas cousas que nos arrodean é o obxectivo desta actividade que co gallo das Letras Galegas promovemos dende a biblio do cole. As paisaxes e as nosas casas están cheas de elementos que no seu tempo foron importantes para a vida cotiá. En moitos casos, seguen hoxendía en uso. Nós queremos botarlles unha ollada e aprender como son e para que serviron. As vosas fotos vannos servir para facer este camiño e aprender moito da nosa cultura.
Lois, de 4 anos, envíanos todo isto que atopou na casa da súa bisavoa. Todos eles forman parte do día a día na casa e no campo. Aprenderemos moito con estas aportacións!
PRENSA PARA A UVA, GARRAFA E BOCOI
CESTOS, PENEIRAS, ABANO E SACHO
Ningún comentario:
Publicar un comentario