domingo, 30 de abril de 2023

VIENTOMETAL PARA TODOS

 Dentro da estratexia de promover outros xeitos de comunicar e cultura os membros do conservatorio da florida achegáronse ata o noso cole para facernos gozar da música e os instrumentos de vento e metal. Canda eles pasamos un tempiño estupendo nunha animáción dinámica que nos fixo coñecer e escoitar o trombón, o bombardino, a trompeta, a tuba, e moitos máis. Todo primaria xuntouse para esta ocasión e ata os pequenos viñeron a porta a axexar de onde saía esa música marabillosa que escoitaban dende o patio. Foi estupendo!









Ningún comentario:

Publicar un comentario