O luns 20 de marzo, os cursos de 5º e 6º de primaria asistimos ao Auditorio do Concello a un concerto didáctico”Migrasóns” no que a través dalgúns instrumentos (gaita, percusión tradicional, arpa céltica, bouzoki, violín folk, requinta, zanfona..) da Escola Municipal de Música de Vigo, fixeron un percorrido polas músicas migradas incorporadas á nosa música tradicional. O concerto rematou cunha cantiga “A pita podeira” interpretada polos músicos e o público asistente. Gustounos moito!
Ningún comentario:
Publicar un comentario