luns, 13 de febreiro de 2023

VISITA AO CONCELLO DE VIGO

  O 9 de febreiro, os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria fomos de visita ao Concello de Vigo. O percorrido comenzou na “lonxa” onde xa sabemos solicitar a PassVigo e diferentes pagamentos. A sala de Plenos onde fixemos de concelleiros xunto ao noso alcalde “Abel Caballero”, pasamos un bo cacho como xornalistas na sala de prensa e rematamos no soto na escola municipal de Danza, na sala de control do tráfego e no laboratorio municipal. Agora coñecemos un pouco mellor o noso Concello!




Ningún comentario:

Publicar un comentario