No cole non queremos perder a celebración de Rosalía e hoxe, no seu aniversario, e nos días vindeiros, o seu poema Miña casiña, meu lar e outros moitos van ocupar o seu espazo nas nosas aulas. Rosalía viaxeira saiu hoxe dende infantil acompañando ós nenos e nenas de 3, 4 e 5 levando o poema con ela como agasallo para as familias. De certo que enseguidiña o fará dende primaria tamén.! Xa sabedes que nestes versos agóchase a receita do caldo de gloria, quen de confortar o ánimo e o corpo nos días de inverno, testemuña da nosa dieta tradicional. Son moitos os recunchos de Galicia onde hoxe se cociña e se goza poéticamente lembrando á Rosalía. Animádevos e cociñade un rico caldiño e gozade tamén coa poesía!!! Agardamos as vosas fotos e vídeos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario